25/04/2026 - 12:30h
| Teatro Principal
| A Estrada
Teatro de papel
Espectáculo teatral a cargo de Rauxa Cía
Rede galega de teatros e auditorios
TEATRO DE PAPEL é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da imaxinación.
TEATRO DE PAPEL é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico.
É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo detense e a poesía danza.
Ficha artística
Autoría: Rauxa
Dirección: Xavi Sánchez y Analía Serenelli
Música: Jesús Acebedo
Elenco artístico: Xavi Sánchez