Share
14/12/2025 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Teatro de papel

  • Espectáculo teatral a cargo de Rauxa Cía.

Teatro de papel
Rede galega de teatros e auditorios

Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da Imaxinación.

 

Teatro de papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico.

 

É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo detense e a poesía danza.