Tavole
Espectáculo circense a cargo de Circo Chosco
Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.
TAVOLE é un espectáculo que xira en torno a dous personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levarán a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.
Moitas situacións cotiás acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentarte a unha mesa a pensar e reflexionar, é aí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como saír de casa sen roupa, ou que as mesas se revelen!
Unha tola e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde as persoas espectadoras serán partícipes do xogo para que todo saia ben.
Un show cercano, interactivo e divertido no que xogarse a vida é a única opción.
Ficha artística
Autoría: Ariñe Azkue, Óscar Paez e Aritza Rodríguez
Dirección: Aritza Rodríguez
Escenografía: Jose Luís Canete
Deseño son e iluminación: Zirko Txosko
Vestiario: Estudio14
Música: Zirko Txosko
Coreografía: Aritza Rodríguez
Elenco artístico: Ariñe Azkue e Óscar Paez