09/05/2025 - 19:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Tardes de soledad. Encontro con Albert Serra
Albert Serra, 2024

Fóra de serie
Presentación e coloquio co director Albert Serra arredor da súa última película, Cuncha de Ouro no pasado Festival de Cine de San Sebastián, na que ofrece un retrato íntimo do toureiro Andrés Roca Rey e a súa cuadrilla. Unha fascinante reflexión sobre a morte, a violencia e a beleza.
Entradas á venda no despacho de billetes da Filmoteca de Galicia desde media hora antes do inicio da sesión.