Share
18/01/2026 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

A tarabela ambulante: idea

  • Espectáculo familiar a cargo de Tarabela Creativa

A tarabela ambulante: idea
Rede galega de teatros e auditorios

Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento se converte en idea! O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2.20m de altura que cada vez que xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o inxenio e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará a distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos visuais e sonoros e o vestiario.

 

Ficha artística

Dirección: Carmen Conde

Elenco espectáculo: Mariña Pena

Escenografía: Bieito Inc.

Arte: Marga Portomeñe

Son: Diego Gallego

Iluminación: Diego Gallego

Edición de audio en estudio: Ezequiel Orol

Vestiario: Los alfileres de Elia

Entradas á venda na web do Concello de Lugo

 

Duración: 50 minutos