Share
17/10/2026 - 18:30h | Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía | Arteixo

Tachán!

  • Espectáculo familiar a cargo de Inventi Teatro

Tachán!
Rede galega de teatros e auditorios

TACHÁN, redobre de tambor e chispeo de luces!

Prepárense, pequenas e grandes, porque xa está aquí… TACHÁN! Un espectáculo teatral para todos os públicos cargado de maxia, circo e moita diversión.

Estades a piques de gozar dunha función única, incomparable e irrepetible!

Despois dunha xogada do destino os nosos protagonistas, afogados polas débedas e pola precariedade inmobiliaria, deciden facerse coas pertenzas dun antigo circo para probar sorte no mundo do espectáculo. Ganas non lles faltan, e contan cun superpoder: a ilusión. Grazas a ela, e á súa amizade inquebrantable, converteranse nos artistas máis sorprendentes da pista… aínda que nada saia exactamente como estaba previsto.

Gocen da función!



Duración: 50 minutos

Dirección e dramaturxia: Marcos Alonso e Bea Campos

Elenco: Marcos Alonso e Bea Campos

Vestiario e escenografía: Ali Root 

Construcción da escenografía: Solsun Castro

Confección de vestuario: As puntadas de Balbina

Maquillaxe: Fernanda Barrio

Fotografía: Pablo Kaufmann

Iluminación: Marcos Alonso 

Espazo sonoro: Anxo Fernandez

Asesora de movemento: Rocio Salgado

Axudante de dirección: Fernanda Barrio