07/09/2024 - 19:00h
| Sala Bahía
| Foz
TABÚ
Espectáculo a cargo de Colectivo Globo
Rede galega de teatros e auditorios
Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?
A apariencia coma posibilidade de futuro.
TABÚ, é un quinteto de danza contemporánea que dibuxa cinco personaxes femininos con diferentes personalidades nun cadro de carnaval. Trátase dunha peza cunha forte presenza do rural galego dos anos 20, onde cinco bailaríns interpretan a cinco mulleres amosando o seu TABÚ nunha dinámica proposta para todos os públicos.
¿Que muller eras ti? ¿Que muller es ti? A apariencia como posibilidade de futuro.