Share
22/02/2026 - 18:00h | Aditorio Municipal | Vigo

  • Un espectáculo de danza e teatro a cargo de Escena Miriñaque

tÁ
Rede galega de teatros e auditorios

tÁ é unha obra de danza-teatro onde o realismo máxico cobra vida nun bosque no cal se naturaliza o irreal ou estraño como algo común. Os seus dous personaxes; peculiares, divertidos e sensibles desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo convidarase as nenas e aos nenos para penetrarse no bosque dunha forma moi especial… Bailando.

É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeyas co fin de poñer en valor non só o que se di, senón o que se transmite. As nosas palabras e movementos cheos de variacións, dinámicas, vibracións e matices, penétrannos a un mundo cheo de emocións.

Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade sept. 2024 Ministerio Cultura.

En Catálogo do Circuito Danza a escena 2026.

Recomendado por A Rede Nacional, selo "R" pola Comisión de Teatro no Caderno #58 - Xaneiro2025- Teatro para Nenas e Nenos.

 

Ficha artística

Autora: Lorena Fernández

Dirección e coreografía: Lorena Fernández

Escenografía: A Mula Mola

Deseño son e música: Pamela Conca

Deseño iluminación: Víctor Lorenzo

Vestiario: Escena Miriñaque

 

Elenco artístico 

Pablo Venero e María Canel