Share
27/06/2026 - 23:00h | Rúa de San Mauro | Negreira

SubUmbra

  • Un pasarrúas a cargo de Troula Animación

SubUmbra
Cultura no Camiño

Nas tebras da noite agóchanse seres descoñecidos, deambulan sen rumbo alimentándose da enerxía da escuridade.

Baixo o universo das sombras agardan o seu momento para facerse ver, confundindo os nosos sentidos, apoderándose do tempo para xurdir entre a néboa coa sua demencia, delirio e caos infinito, amosando o gran poder que lles da a escuridade.

Baux, personaxe zancudo que guía entre as sombras os seus súbditos.

Blame, dende o seu trono, crea o ambiente de caos a través da percusión e os seus temas de estilo hardcore.

Dous seres da escuridade, Lobisome e Nosferatu, con ansias se apoderarse das almas que invaden o seu espazo, percorren os camiños encadeados.

Rex e Xuno pechan esta comitiva das sombras, aportando chispas, luz e lume ao percorrido.

Coidado… nunca sabes que podes atopar na SubUmbra…