Share
07/03/2026 - 20:00h | Auditorio Municipal | Cedeira

Suárez

  • Un concerto de Rafael Fernández sobre videoproxeccións da obra do fotógrafo José Suárez

Suárez
Rede galega de teatros e auditorios

SUÁREZ nace da idea de homenaxear a vida e a obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente. Un concerto de música orixinal escrita para guitarra eléctrica, arpa e teclado executada en directo mentres gozamos dun espectáculo de videocreación en vivo con fotografías orixinais dixitalizadas, así como fragmentos de películas en 8mm.

Elenco artístico:

Rafa Fernández: Guitarra eléctrica

Bleuenn Le Friec: Arpa

Virxilio da Silva: Guitarra eléctrica

Álex Salgueiro: Teclados

Iván Torres: Visuais