Stormy Trucks
Concerto a cargo de Stormy Trucks

Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e, na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por gran parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música ao Vivo da AGADIC, con concertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera ou Moon Music Club ou en festivais como o Feito a Man.
Os Stormy tocan rock’n’roll sen concesións, puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos deste estilo, combinando temas propios con revisións de clásicos.
Están a presentar o seu primeiro disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), editado o pasado 15 de xuño de 2020, unha verdadeira descarga de boa música e enerxía.
Stormy Trucks son:
Valentín Caamaño, guitarra e voz
Duco Miserable, baixo
Luke Jennings, batería