Share
23/08/2026 - 20:30h | Celeiro de Mariñaos | Barreiros

Sonchistorias

  • Un espectáculo de humor a cargo de Xan Veiga

Sonchistorias
Cultura no Camiño

Con humor “do noso” e unha perspectiva única, Xan mergúllase nun mar de situacións incribles, dende desventuras absurdas ata malentendidos hilarantes ou encontros inesperados.

 

Historias milenarias esfiañadas que son retecidas coas agullas do humor e que se mesturan con chistes contados a modo de historias, levando á audiencia de paseo por unha corredoira chea de xiros e reviravoltas divertidas onde o real e o imaxinario únense de tal xeito que son difíciles de diferenciar.