07/07/2026 - 20:15h
| Alameda de Raxoi
| Pontedeume
Soltar
Espectáculo de novo circo a cargo de Fredi Muíño
Cultura no Camiño
A búsqueda dun espazo onde sentirse a gusto, un lugar onde atoparse. Un camiño onde desprenderse do pasado, onde as falsas necesidades se acumulan coa dificultade de poñerlles nome, sen posibilidade de revisión.
Este pallaso, torpe e caótico presenta a través da danza, a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea a posibilidade de transformar ese lastre e usalo para medrar.
Navegará xunto ás espectadoras e os músicos por un mar de emocións, soltando amarras onde as debilidades se tornan fortalezas.