Share
21/03/2025 - 12:00h | Fórum Metropolitano | A Coruña

Solo

  • Espectáculo de teatro a cargo de Roi Borrallas

Solo
Rede galega de teatros e auditorios

O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.