22/11/2025 - 20:30h
          | Auditorio Casa da Cultura
              | Vimianzo
      
  Soledad Vidal & Aurelio Viribay. Cantares atlánticos.
- Concerto a cargo de Soledad Vidal & Aurelio Viribay
 
Rede galega de teatros e auditorios
  
  Cantares Atlánticos, é un espectáculo formado por un recital de cámara e videocreación, intepretado pola soprano Soledad Vidal e o pianista Aurelio Viribay, prestixiosos artistas que forman un dúo estable na interpretación de cancións de cámara en galego.
O seu obxectivo é a difusión deste fermoso e infrecuente repertorio musical composto a partir da poesía galega como única fonte literaria: dende as cantigas medievais ata as recentes creacións de famosos compositores, fascinados polas posibilidades poéticas e musicais que ofrece a lingua galega. Cantares Atlánticos conta ademais cun atractivo compoñente audiovisual: unha videocreación que ilustra e dialoga coas melodías galegas, enriquecendo así o discurso musical.
