Share
29/11/2025 - 20:30h | Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil | Muros

Sol fuerza

  • Espectáculo teatral a cargo de aAntena

Sol fuerza
Rede galega de teatros e auditorios

Unha sátira cargada de humor e critica no caos da transición enerxética, onde as verdades e mentiras mestúranse.

SOL FUERZA destaca que a enerxía verde pode implicar altos custos humanos e sociais, como o desprazamento de comunidades e a desinformación. Inspirado en feitos históricos, "SolFuerza" explora as historias de Heliodoro Rodríguez, pioneiro do biocombustible a partir do toxo, e de Filek, un enxeñeiro que enganou ao réxime franquista prometendo combustible da auga. A obra reflicte como, ao longo da historia, os territorios foron disputados, e agora, fronte á loita polas enerxías renovables, o rural é desprazado ou marxinado. SOL FUERZA convida a reflexionar sobre as consecuencias éticas e sociais do progreso enerxético, manipuladas pola posverdade e intereses ocultos. Nesta era onde a verdade parece máis un xogo de cartas que un feito, a obra fainos preguntar: de verdade ¿vale a pena a enerxía verde se detrás dela hai mentiras, manipulacións e terras que se quitaron á súa xente?