Sofá
Un espectáculo de tatro e danza a cargo de Marta Alonso Tejada Cia
SOFÁ é unha sitcom de danza con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella.
Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son incapaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo de danza cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas e descansar. Pero… sempre hai un pero. Toda interrupción é un bo motivo para continuar a súa fuxida cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a si mesmas e abrazar a incerteza, o baleiro.
Parar para bailar, acabar para comezar.
--FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Marcos PTT Carballido, Marta Alonso Tejada, Pablo Reboleiro Rama
Dirección: Marcos PTT Carballido
Escenografía: Jose Perozo e Sandra Camalea (realización do sofá)
Deseño sonoro: Marcos PTT Carballido
Deseño iluminación: Ángel Sousa
Vestiario: Paula Quintas
Música: Mounqup e Pablo Reboleiro Rama
Coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Elenco artístico: Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro Rama