26/04/2025 - 19:00h
| Salón Teatro
| Lalín
Sobre rodas!
Monólogo a cargo de Pepo Suevos

Rede galega de teatros e auditorios
Espectacular showman e monologuista que utiliza na súa posta en escea un toque salvaxe, enérxico e incluso algo macarra ao servizo da risa do público.
Hábil improvisador e cun repertorio no que toca todos os temas existentes, Pepo Suevos non deixa indiferente a ninguén nos seus espectáculos.
Os números en directo ou “corpo a corpo” son a súa especialidade, un formato co que xa leva dado case mil actuacións, polo que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis curtidos e experimentados.