Share
04/12/2024 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Showing Up

  • arte, carga mental, cinema indie

Showing Up
Fóra de serie

Lizzy é unha escultora que se prepara para inaugurar a súa próxima exposición. A pesar de ter o tempo xusto, debe lidar cun corte de auga na súa casa, cunha caseira e cunha veciña (tamén artista) que ten outras prioridades; vese coidando involuntariamente dun paxaro ferido; séntese na obriga de comprobar que o irmán, cunha saúde mental preto do colapso, se atopa ben; intenta manter viva a relación cun pai estrambótico e ausente; e preséntase ao traballo nun centro de arte con evidentes signos de esgotamento. Con todo isto por diante, será quen de realizar a entrega a tempo? Como expresar isto na súa arte? Ten sentido facelo?