Share
02/12/2023 - 19:00h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

The show moscón

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Galitoon

The show moscón
Rede galega de teatros e auditorios

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem, Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, incribles bebés equilibristas , marabillosos números de Danza e un sen fin de humor… .