Share
31/07/2023 - 12:00h | Instalacións do Forte | Boqueixón

The show moscón

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Galitoon

The show moscón
Cultura no Camiño

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como  homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem,  Dentro do noso armario, poderemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, increibles bebés equilibristas , marabillosos números de Danza e un sen fin de humor… .