30/05/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Sesión Eloy Lozano
Eloy Lozano, 1974-1980

Materiais para unha historia do cine en Galicia
Sesión dedicada ao cineasta galego Eloy Lozano, que inclúe Retorno a Tagen Ata, adaptación de Ferrín e primeira curta de ficción en ser rodada en 35mm en Galicia (proxectada neste formato); dous documentais sobre natureza e a recuperación de O carro e o home, de Antonio Román, acometida por Lozano en 1980, tendo devolto á fita a voz en off orixinal de 1940. Con materiais custodiados polo Museo do Pobo Galego e depósitos da Filmoteca de Galicia, a cinemateca da Xunta de Galicia vén de acometer unha nova restauración dixital en 4K partindo das pezas de celuloide dispoñibles. A copia loce o máis próxima ás intencións orixinais do autor do que nunca puidera verse.