Será por Flores
Concerto Uxía: 40 Anos de Música
Uxía celebra catro décadas de carreira cun espectáculo único e intimista, Será por Flores, onde revisita os piares do seu percorrido musical e continúa explorando novas formas con liberdade creativa. Unha viaxe ás súas raíces galegas, as composicións propias e ás músicas que a inspiraron. A súa diversidade reflicte os innumerables camiños que percorreu, sempre en constante evolución e transformación.
O espectáculo está impregnado dun espírito floral, tanto na estética como no contido. Cada canción é unha flor que Uxía desvela con coidado, convertendo o escenario nun xardín de música e poesía en diálogo coa luz e o público. A escenografía de Carlos Alonso, a iluminación de Daniel Juncal e o son de Tito Ledesma contribuirán a crear este universo de cores e emocións.
O espectáculo evoluciona dende o íntimo ata unha comunión co público cantando algúns dos temas máis emblemáticos do seu repertorio.
A dirección musical está a cargo de Pablo Novoa, acompañado dunha banda de músicos cómplices da súa traxectoria:
• Sérgio Tannus (guitarra, cavaquiño, viola caipira)
• Santi Cribeiro (acordeón)
• Isaac Palacín (percusión)
• Pablo Novoa (guitarra eléctrica barítono)