Share
05/08/2023 - 21:00h | Parque Rosalía de Castro | Friol

Senta que hai baile

  • Espectáculo de música a cargo de Pesdelan

Senta que hai baile
Cultura no Camiño

Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras ensinarán ao público como se bailan dunha maneira moi sinxela. No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos. Nalgúns destes bailes as explicacións faranas as profesoras dende o escenario.

A todo aquel que se fagan a pregunta de “Podo ir a un concerto baile de Pesdelán?” A nosa resposta vai ser si, xa que o  noso espectáculo é participativo, divertido e está pensado para todas as idades, se podes estar sentado xa podes bailar con nós.

Que nada pare o baile e as ganas de gozar en familia, imos todos bailar con Pésdelan!