Share
21/08/2025 - 20:30h | Casa da Cultura | Boiro

Sen patrón

  • Pistacatro Produtora de Soños

Sen Patrón
Cultura no Camiño

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bolas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos viren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen patrón, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan sobre as súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante.

Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, creando patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.