Share
21/11/2025 - 21:00h | Auditorio Afonso Eanes do Cotón | Negreira

Sen lingua

  • Espectáculo teatral a cargo de Serea Teatro

Sen lingua
Rede galega de teatros e auditorios

Na expectante sala dunha coach emocional, o matrimonio de Amador e Amanda enfronta un desequilibrio doloroso. Amador, o brillante financeiro, emite un aura de urxencia, afundindo a súa muller nun mar de silencio. Amanda, unha avogada laboralista eclipsada, loita por atopar voz ante o monopolio verbal de Amador. Cada palabra pronunciada por él achica a presenza de Amanda, facéndoa sentir invisíbel, como se o seu ser se disolvera nas sombras. Máis e máis, Amador medra na sala, erguéndose como un coloso que todo absorbe, devorando os intentos de Amanda por expresarse. O matrimonio transformase nunha danza desigual, onde Amador domina, esmagando sen piedade a Amanda. Como un monstro de dúas linguas avanza impávido, cego ao sufrimento dela, que agarda por ser escoitada, por ser recoñecida, por recuperar a voz que alguén lle roubou.