04/06/2026 - 18:30h
| Sala Bahía
| Foz
Se as árbores falasen
Espectáculo de teatro e música a cargo de Iseo Agilda
Rede galega de teatros e auditorios
Se as árbores falaran... Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán as que llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.