05/02/2026 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Samsara
Lois Patiño, 2023
Territorios mutantes
Samsara é o ciclo budista de morte e reencarnación. Desde os templos de Laos, convivindo con monxes adolescentes, acompañaremos unha alma no seu tránsito dun corpo a outro a través do bardo. As palabras do Libro tibetano dos mortos servirannos aquí de guía para non perdérmonos polo Alén. Un percorrido lumínico e sonoro que nos levará a reencarnarnos nas praias de Zanzíbar, onde grupos de mulleres traballan en granxas de algas.