Share
28/05/2023 - 01:00h | Sala Guión | Pontedeume

Saíndo do lodo

  • Concerto do grupo Mascada

Saíndo do lodo
Rede galega de música ao vivo

Unha pandemia mundial e ducias de cancelacións non fixeron máis que alimentar a creatividade e empuxe da Mascada, que levan traballando durante todo este tempo no seu primeiro disco para, dunha vez por todas, botarse á carretera e non parar máis (ata que chegue a apocalipse zombi, canto menos).

O encerro enxendrou un espectáculo que non da lugar ao respiro, cheo de empuxe, decibelios e actitude. Un torrente de son no que non se botan en falta as carantoñas do guitarrista, as locuras do teclista ou o ego do cantante. Efectivamente, somos un baixo e unha batería, e ben nos chega para sonar frescos e facer un concerto de rock actualizado, que camiña cara o stoner e desprende certo aroma a anos 90. As cancións compoñémolas sen miramentos, sen pelos na lingua, en galego, berradas a dúas voces e direcas á meixela do público.