Share
06/10/2023 - 20:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Run Baby Run

  • Coprodución do Centro Dramático Galego co Teatro Español, Meninas Teatro e Proversus

Run Baby Run

Dirección: Jana Pacheco
Autoría: Fátima Delgado

Alba é unha atleta de éxito que loita por conseguir a vitoria e adestra duro para iso. É a favorita ao podio, pero a súa carreira verase truncada por un feito inesperado. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos, a deportista é apartada da competición oficial.

Para Alba correr é respirar e, nese momento, o seu mundo derrúbase Acompañada pola súa inseparable adestradora verase nunha encrucillada na que loita por cumprir o seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser.

Escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, Run Baby Run está inspirada nos casos dalgunhas atletas que sufriron discriminación de xénero dentro do deporte. Unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar por cumprir o teu soño estando en xogo o traizoar os teus propios principios e renunciar ao teu verdadeiro ser.

Esta coprodución entre o TEATRO ESPAÑOL, CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, MENINAS TEATRO e PROVERSUS conta coa colaboración de Turismo de Galicia e co apoio da Comunidade de Madrid que concedeu unha Axuda á Creación e ao desenvolvemento das Artes Escénicas coa que a dramaturga Fátima Delgado escribiu o texto en 2018.

Elenco: Alba Loureiro, Camila Bossa, Celina Fernández Ponte, Daniel Méndez
Deseño de iluminación: Juan Gómez Cornejo
Deseño de escenografía: Alessio Meloni
Axudante de escenografía: Dita Segura, Giulia Sgró
Deseño de vestiario: Pier Paolo Álvaro Y Roger Portal Cervera
Axudante de vestiario: Dita Segura
Confección de vestiario: Pier Paolo Álvaro Y Roger Portal Cervera, coa colaboración de Entretejiendo Vicálvaro
Música orixinal e espazo sonoro: Fernando Epelde
Coreografía: Greta García
Asesoría e colaboración dramatúrxica: Saida Santana
Asesoría deportiva: Raúl Sánchez García
Asesoría Entroido: J. G. Rodicio
Deseño de cartel: Irene Blasco
Distribución: Isis Abellán (Proversus)
Axudante de produción: Daniela Schmidt
Axudante de dirección: Vicky Peinado Vergara/ Laura Míguez

Público: adulto +12
Duración: 80 minutos


  • Entradas á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do inicio da función