Share
07/12/2025 - 18:30h | Teatro Coliseo Noela | Noia

Rosalía, a pulga que escribía

  • Espectáculo teatral a cargo de Galitoon

Rosalía, a pulga que escribía
Rede galega de teatros e auditorios

Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora Galitoon presenta un espectáculo no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa.

Galitoon continúa así coa súa constante experimentación: nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación sen esquecer o seu selo propio.

Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día.  Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario....  e lerlla: á señora Toupa porque non ve,  a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación:  “O Martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”

Todos reciben unha carta. Todos, menos Bruno, o Canguro!  Por qué?”