Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo
Mutismoa Teatro

Unha proposta tinguida de comedia, onde o movemento guía a escena. Investigamos sobre danza-teatro e teatro xestual, elementos que establecen o discurso da obra.
As persoas protagonistas están ante un gran dilema existencial.
Mutismoa Teatro é unha compañía de teatro físico formada por Sergio Llauger e Gema González, que se caracteriza polo seu enfoque contemporáneo e multidisciplinar, que emprega a danza, a música e o movemento para contar historias. O seu obxectivo é crear propostas escénicas que equilibren o entretemento coa profundidade, ofrecendo un teatro accesible e reflexivo que poida chegar a todo tipo de público.
A compañía baséase na idea dun teatro popular que incorpora elementos da cultura pop e linguaxes teatrais modernas, conectando coa audiencia contemporánea a través de referencias e estéticas actuais.
En 2021 estrean a súa primeira produción, Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo, finalista nos premios Xuventude Crea'21.