Share
19/09/2025 - 20:30h | Teatro Rosalía de Castro | A Coruña

Roland mon amour

  • Unha produción de Funboa Escénica

Roland mon amour

O Centro Dramático Galego coproduce coa creadora Cris Balboa e o Centro Dramático Nacional o espectáculo Roland mon amour.

Cris Balboa é a autora, directora e intérprete desta peza de artes vivas, que ela mesma define como “monodrama de desexo e música” e na que mestura o son electrónico, a acción escénica e o movemento para converter o teatro nun acto de conexión íntima e compartida.

O nome da obra, escrita durante a temporada 2022-2023 do programa de Residencias Dramáticas do Centro Dramático Nacional, ten a súa orixe no sintentizador Roland JD Xi que Balboa empregou para a súa performance sonora Technocracia e co que agora lle pon música á súa nova proposta. Nela, a creadora galega amósase “sincera, irónica e doméstica” para compartir co público unha viaxe sonora desde a emoción e o goce, na procura da complicidade e a identificación coa súa fraxilidade.