Share
14/02/2025 - 23:30h | Laroom | Ferrol

Roger & Bernard

  • 'Conexión Atlántica: de Escocia a Galicia'

Roger & Bernard

Roger & Bernard: Conexión Atlántica: de Escocia a Galicia é o espectáculo musical conxunto do trobador pop Roger de Flor e o violinista escocés Bernard Taylor. 

A saudade, a retranca e a calidez de Roger xunto á tradición céltica, a sinxeleza e a alegría contaxiosa de Bernard. Do folk-rock galaico ao folk escocés e do swing ao pop máis atemporal, a química existente entre estes dous músicos singulares confirma que a conexión entre estas dúas nacións celtas vén de antigo.