14/08/2026 - 11:00h
| Carballeira de Ribadumia
| Ribadumia
Rogelio III. La fête
Espectáculo familiar de novo circo de AsSircópatas
Cultura no Camiño
Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta é a última entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares, música e sobre todo moito humor.
Rogelio III. La fête é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Espectáculo finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.