Share
11/06/2023 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Roedores

  • Teatro musical infantil da compañía Redrum Producciones

Roedores
Rede galega de teatros e auditorios

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño

Elenco:

Guillermo Carbajo - Peludiño, o hámster

Sheyla Fariña - Munda, a rata

Carlos Álvarez-Ossoiro - Gato

Sinopse: Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuizos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. 

Roedores é un espectáculo familiar con música en directo no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda os cativos achegaranse a conceptos como o de igualdade de xénero, de oportunidades, social, de dereitos... E entenderán o valor da amizade, do traballo en equipo e da aceptación dun mesmo e do resto.