Share
03/05/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Rock Bottom

  • María Trénor, 2024

Rock Bottom
Fóra de serie

Unha historia de amor e autodestrución, inspirada na música e a vida de Robert Wyatt e ambientada na cultura hippy dos 70, que foi nomeada á mellor película de animación nos Goya 2024.

Nela, as drogas transforman un verán apaixonado nun auténtico pesadelo cando a parella protagonista se mergulla nunha espiral de euforia e angustia e que abarca dúas liñas temporais na vida de Wyatt: a súa estancia en Mallorca e o período posterior ao seu accidente en Nova York.

A fita explora temas como a creación artística, a fascinación polas drogas, o desencanto pola rutina ou a degradación física e mental.