Share
19/04/2026 - 17:30h | Auditorio Municipal de Goián | Tomiño

Rock and magic

  • Espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto

Rock and magic
Rede galega de teatros e auditorios

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e rock & roll. Un espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita, moita, moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.