16/11/2024 - 19:00h
| Auditorio Reveriano Soutullo
| Ponteareas
Rock and Magic
Mago Teto

Rede Galega de Teatros e Auditorios
ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e rock & roll. Un espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.
Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.