Share
02/11/2024 - 19:00h | Auditorio da Casa de Cultura | Cee

Rock and magic

  • Espectáculo de maxia a cargo do Mago Teto

Rock and magic
Cultura no Camiño

ROCK & MAGIC é o resultado de 30 anos de maxia e Rock & Roll. Un  novo espectáculo que mestura as dúas principais paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia.  Era cuestión de tempo unilas e sumar ao noso repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla.

Un espectáculo con música interpretada en directo: hits, temazos e verdadeiros incunables que os maiores levamos gravados a lume na nosa memoria e temos que dar a coñecer ás nosas crianzas.