Riazor Ostia
Un espectáculo teatral de Os Náufragos Teatro
RIAZOR OSTIA é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política.
Un asasinato baixo o berro de 'maricón' conecta o mar de Ostia co de Riazor, transformando o silencio en reflexión, a cólera en esperanza e a memoria en futuro.
Ficha artística
Autor
GUSTAVO DEL RIO
Dirección e adaptación
GUSTAVO DEL RIO
Escenografía
CLAUDIA L. FRANCO
Música e deseño son
OS NAÚFRAGOS TEATRO
Deseño iluminación
GASPAR BALUJA
Vestiario
DIEGO VALEIRAS
Coreografía
RAQUEL SANTALLA
Elenco artístico
DENIS GÓMEZ
SANTIAGO CUQUEJO
MARÍA ROJA
DAVIDE GONZÁLEZ