08/12/2022 - 21:30h
| Auditorio Municipal Gustavo Freire
| Lugo
Relato para un incendio
Espectáculo teatral da compañía Aantena

Rede galega de teatros e auditorios
Unha dramaturxía que parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: Os estudos antropolóxicos Gustav Hennigsen en Argemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.
A proposta escénica basease no traballo actoral e solucións creativas, centrándose no sinxelo e na relación profunda entre intérprete e o público. Outro dos elementos son a metateatralidade, cun elenco transformando a súa caracterización e falando directamente coa audiencia a favor dun achegamento emocional e o uso do audiovisual para artellar xogos escénicos.