Reconversión
Un espectáculo teatral a cargo de Ibuprofeno Teatro
Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
Reconversión unha viaxe desde a posguerra ata o“Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Escenografía: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Deseño iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario: Marián Bañobre
Música: Alonso Caxade
Coreografía: Armando Martén
Elenco artístico: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu, Nani Matos