Share
11/04/2025 - 20:00h ~ 12/04/2025 - 20:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Reconversión

  • Ibuprofeno Teatro

Reconversión
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80 do século pasado.

Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.