Share
16/09/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Rapa. Encontro con Alejandro Enríquez

  • Alejandro Enríquez, 2024

Rapa
OFF GALICIA

O cabalo galego de monte está a desaparecer, só unhas poucas bestas resisten acosadas polos bandidos, os lobos... e agora tamén polos parques eólicos. Ao seu carón, a pequena aldea de Sabucedo preserva algo único: un vínculo ancestral e íntimo cos cabalos salvaxes. Unha vez ao ano a aldea celebra a “Rapa das Bestas" e 15.000 persoas acoden a presenciar o atávico, os veciños cortando as crinas dos cabalos nun enfrontamento corpo a corpo. Cando todos marchan, ninguén ve a realidade detrás da rapa: cada ano hai menos bestas no monte e –coma nun espello– menos xente na aldea.

Presentación e coloquio co seu director.