21/05/2023 - 01:30h
| Pub Gatos
| Melide
Radio Zapa! en concerto
Concerto do grupo Radio Zapa!

Rede galega de música ao vivo
Radio Zapa! é formado orixinalmente por Martín Zapata, Fran Facal e Jacobo García a finais de 2015 na procura de sons densos que vaian desde o rock dos 70 ata o stoner actual.
No ano 2019, xusto antes do parón pandémico, incorpórase á banda Suso Pereiro e comezan a compoñer e rexistrar o que veu a ser o seu novo disco “Demasiado...” (2022). Gravado en Pouland Studios por Iago Pico e editado únicamente en formato vinilo polo selo nacional Requesound Records, o novo LP da banda supón unha consolidacíon do que ata o de agora só foran coqueteos coa psicodelia e un importante paso adiante para o proxecto.