Share
29/07/2026 - 20:00h | Albarón | Neda

Radio Bulebule

  • Espectáculo musical de Paco Nogueiras

Radio Bulebule
Cultura no Camiño

Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd Radio Bulebule editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Abre as orellas! Sintoniza Radio Bulebule, a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos. A emisora que máis nos gusta. Porque dentro dela soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música.

Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo un divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias, e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio Bulebule e pasalo ben cos amigos e amigas.