02/06/2024 - 18:00h
| Auditorio Municipal Manuel María
| O Carballiño
Quixote
Espectáculo teatral a cargo de Pedras de Cartón

Rede galega de teatros e auditorios
"Quixote" é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.
O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.
Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.