26/06/2026 - 12:30h
| Espazo Lorenzo Varela
| Monterroso
Quiquiriquí
Un espectáculo musical de María Faltri para toda a familia
Cultura no Camiño
Un espectáculo para a primeira infancia que nos leva a illa Chirimiri, chea de alegría e ritmo, onde unha tribo chamada Arcoíris celebra a vida co berro Quiquiriquí! A través de cancións, personaxes divertidos e xogos sonoros, créase un espazo tenro e seguro no que os bebés poden gozar, descubrir emocións e iniciar as súas primeiras relacións con outros amigos e amigas da súa tribo.
A proposta está conducida por María Faltri, creadora da escena infantil galega e divulgadora cultural con máis de dez anos de traxectoria, que combina música en directo, narración e participación para crear experiencias artísticas próximas, inclusivas e cheas de significado.