Quen dixo medo?
Comedia a cargo de Con de tres pés

QUÉN DIXO MEDO?
O medo é libre.
Quen ten cú ten medo.
A mil cousas, á escuridade, á morte, a quedarse en branco nun escenario...
Blanco e Digón xogan, literalmente, arriscan, brincan co público, avisan... Parte deste show será improvisado, o propio espectador, libremente, decide a temática a tratar.
Tan só unha parte, eh?
Digón e Blanco están curtidos en mil batallas, mil escenarios. Pero o risco está aí, a adrenalina flúe cada noite cando escoitan desde o camarín o besbello da xente acomodándose, ese motor que pon en marchamos os cinco sentidos do cómico.
E logo está o de internet, pero esa é outra historia.
QUEN DIXO MEDO son mil. Ou máis. Mil e unha historias.
Podes pedir segunda taza porque cada show varía. Imposible aburrirse.
Non.
QUEN DIXO MEDO son monólogos, claro, da man de dous consumados e aplaudidos monologuistas. Un da Arousa e outro dos Ancares.
Pero tamén diálogo, xogo, interacción co público, diversión garantizada.
9 de cada 10 especialistas recomendan a risa como terapia.
E o outro ten ardor de estómago, pobre.
QUEN DIXO MEDO?
Eh?
En breve xirando por Galicia e parte do extranxeiro.